segunda-feira, fevereiro 06, 2006

penso

antes, fai un anaco cando viña de currar, na bici, morta de fame, tentando deixar de pensar na fame e concentrarme na calzada e nos coches tolos que me adiantaban cunha separacion de 10 centímetros... sempre o penso, estes estan tolos, conducen polo outro lado, pásanme tan preto que un día destes asústanme, perdo o equilibrio e ala vou... e eu só podia pensar no té que me ia tomar con unha muffin (ou duas) con anaquiños de chocolate... mmmmm chocolate... e logo empezou a cheirar fatal, pero fatal fatal, un pouco antes de chegar a miña casa, cheiraba como a merda, en serio, pero uns metros máis adiante deixou de cheirar mal e, bueno, simplemente deixou de cheirar e xa non hulia a nada máis que a aire... chegei a casa, fixen o te, collín as muffins e puxen unha peli que me encanta, sei o que vai pasar dende o principio, gustaríame poder cambialo, porque ao final teño que deixar escapar unhas bágoas rodando pola meixela abaixo...
gústame chegar a casa despois de currar e poder sentir a tranquilidade ao meu redor, case a podo tocar.

2 Comments:

Blogger el vendedor de sombras said...

...ummm muffins, xa fai que non probo...hoxe seria un bo dia para estar o teu lado e que me deses (parte dun pastelinho de chocolat) unha boa aperta.
Se non entrase en detalles,podia haber sido un dia de puta madre, pero iso,non vou a entrar en detalles...
Beijos linda...

7/2/06 19:20  
Blogger miyuki chan said...

pois a aperta nin que pedila tes, mando unha aperta tan grande e tan forte que nin pensar quero a de kilómetros que ten que atravesar, espero que te chegue... coidate muito.

8/2/06 18:49  

Postar um comentário

<< Home