segunda-feira, maio 22, 2006

hoxe

dias coma o de hoxe fanme querer voltar pra minha terrinha XA! hoxe é un dia de merda, a pesares de estar en maio, case a finais, e de que durante as semanas pasadas, fixo un tempo case de verán (polo menos para estas latitudes), hoxe vai choiva, unha choiva propia de dias invernais, vai vento, un vento xélido deste que se te mete nos ouvidos e doe, pincha, xéase o tímpano... un día que ten bastante máis de inverno que desta suposta primaveira...
hoxe o mal tempo de fora metéuseme no corpo e ainda que as cousas non sairon nin ben nin mal, nin mellor nin peor que calquera outro día, hoxe estou de malas, teño un humor se perros porque vai un día de perros...
mais hoxe tamen fago unha recapitulación da pasada sexta e esbozo un sorriso... na sexta fun cear cós alumnos, a minha primeira cea como profe... e creo que podo decir que lles gusto e que o pasaron ben ao longo destes oito meses (as veces interminables as veces fugaces), que algo aprenderian digo eu, pois eu aprendín moito deles... pena que non creo que soportara un inverno máis nesta mierda de ciudad, porque creo que non me importaria quedar un ano máis con eles, e con elas. agora que xa nos conocemos, agora que xa nos entendemos, agora que empezaba a sentirme un pouco na casa... pero eu marcho. e hoxe foi a primeira das ultimas clases...
e marcho coa cabeza igual de revolta e confundida que cando cheguei. tentei encontrar unha vocación que solo medio atopei, pero nunca olvidarei nada do que aqui pasou. mais esto é outra historia e será contada noutro momento
asi que hoxe é hoxe e mañá será outro día e non deixarei que o mal tempo se me meta no corpo para non deixar de sorrir!!!
:)

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

What a great site, how do you build such a cool site, its excellent.
»

21/7/06 13:11  

Postar um comentário

<< Home