sábado, maio 12, 2007

zero

apretaba, apretaba forte, apretaba ben forte neste lado do peito, cada vez con máis presión, as bágoas comezaban a escorregar polas meixelas sen ela poder facer para controlalas, xa se cansarían elas soas, xa as levaría o vento do norte, xa se confundirían cá choiva, xa as secaría o sol... xa... respirar converteuse nun acto difícil e dooroso, o aire pesado, empantanado, viciado, doía, quixo deixar de facelo, pero iso doía ainda máis!
como o día xa comezara e non había volta atrás, non se recordaba en toda a historia da humaidade que o sol volvera por onde vinhera ás poucas horas de ter saído, así que tentou desfacer o nó que non a deixaba respirar, esconder as bágoas incesantes e comezar todo outra vez de cero. non era mala idea xa que estaba a piques, en realidade a escasas horas, de renacer...