terça-feira, julho 18, 2006

a praia na media noite deserta

noite estrelada, lúa menguante, pero, dende onde estamos nós, non se ve. a calor segue a ser case insoportabe, e sinto o corpo pegañento... non nos calamos nin a de tres, levamos todo o dia falando... levamos dúas semans falando, para ser esactos... sen parar. eu sei que o que máis me apetece e bicarte, abrazarte e sentir a calor do teu corpo xunto ao meu... pero estou cómoda falando falando e falando sen parar...
a tranquilidade da noite interrompida por un incendio ao lonxe, ali ben lonxe de nós, alguén está a loitar contra o lume devastador, que pena o lume, que pena o bosque... pero nós estamos na praia deserta rodeados da escuridade e de luces artificiais que seguen o contorno da costa, solo sinto a tranquilidade do momento.
fora do tempo liñal.
e o momento chega no que deitados na area, xuntos, un ao lado do outro, achégaste e... bicasme! suave e doce... e os corpos xuntos abrazados acariciados... templados...

(xa non penso neses ollos azuis que me envenenaban cruel e docemente por dentro)
sempre me gustaron máis os ollos escuros e a pel morena