segunda-feira, junho 12, 2006

rematou o exilio

de momento! parei nos mandriles uns dias para visitar a princess e coa intenció de ver a algunha xente que fai moito moito tempo que non vexo, pero quedeime coa intención e o intento xa que ao final nada, non nos arreglamos para quedar... unha pena. ainda que estou case segura de que haberá moitas máis posiblidades xa que tenho en mente ir buscar fortuna ali dentro de ben pouco... e volverme un pouquinho máis japonesita!
e bueno, a entrada no territorio nacional foi triunfal! o primeiro que se nota ao chegar e unha bofetada de calor, así plas!! en toda a cara (e iso que xa ían sendo horas de refrescar cando cheguei!) e un bochorno que nin de noite te deixa respirar... e asi medio afogada como peixinho fora da auga entrei nesta terra mandrileña.
para celebrar a minha chegada e todo ese tempo que facia que non via a princess e que durante unha noite a gitana reuniuse con nos para facer das nosas (...... y luego!?) saimos nunha noite de treboada inmensa, e é que claro tanta calor o ceo reventou!, ao encontro frustrado de kiko veneno y los delincuetes. o desencontro levounos a outro encontro..... e é que si, aínda sego a ter ese imán para atraer, ou mellor dito para atoparme con quen menos o espero onde manos o espero... bueno, confeso que eu, ao saber deste don meu tampouco me extrañou demasiado... encontrame co rei das persoaxes... tachán tachán: o meu querido tullido mental! un pouco violento ao principio pero tan amigos despois (por certo está gordo!!)
e logo duns dias metida no forno, por fin cheguei a terrinha querida que me veu nacer, que coma na terrinha en ningures! ainda non me deu tempo a facer ningunha falcatruada das minhas pero xa chegarán xa!
quedades todos avisados!!!

1 Comments:

Blogger Ivoninho said...

Alaaaaaaaa, olha quem anda polo país. Guardai as carteiras!!!

14/6/06 21:00  

Postar um comentário

<< Home