segunda-feira, agosto 14, 2006

entre as mans

o tempo escórreseme entre as mans e non sei onde vai... tenho tanto que facer que non chegan as horas do dia para nada. e un traballo que me absorbe demasiado tempo e da moi pouco beneficio... unha, non é o curro da minha vida nin moitisimo menos, non, ponher copas e aguantar a borrachos pesados non é para min; duas, economicamente podería estar moito mellor recompensado... tres, descontrólame o sono e tenho unha tesinha por facer que, desgraciadamente, soa non se fai...
preocúpome de cousas polas que non me preocupo pero que me ocupan o pensamento... e sei que en canto deixe de pensar nelas pasarán ou non... ilusiónome con facilidade e creo un futuro imposible na minha cabeza, na minha cabesinha tola... o cal créame unha inseguridade da que só sei escapar facendo que non me importa unha merda, logo vou e me creo que mo creo, pero non é certo. e é que sempre é o mesmo, moita ilusión inicial e pouco resultado final, se polo menos non nos pasaramos a vida bébedos e fixeramos algo de proveito... pero o tempo escórrese entre as mans e xa non queda nada para min, nin para nós (se é que hai un nós)
e levo tres dias ensaiando a cara de sorpresa que vou ponher ó verte, cando en realidade sei de sobra en que momento aparecerás pola porta para facer ainda máis incerto o meu futuro... arrrggggg!!!

2 Comments:

Blogger Duke said...

Me gusta que vuelvas a escribir pese a que solo entienda el 20% aunque el post parece estar cargado de optimismo.
Animate Miyuki y acuerdate del invierno que nos pasamos aqui.
Besos

16/8/06 20:00  
Blogger Ivoninho said...

Bem-vinda ao mundo dos horários chungos, os trabalhos sem fazer e a incertidume em muitas cousas, esse também sou eu.

17/8/06 11:18  

Postar um comentário

<< Home