segunda-feira, outubro 02, 2006

...veo una vida nueva...

despois de tanto tempo, aqui estou unha vez máis contando as minhas cousas... que non son poucas. outra vez empezo unha vida nova nun sitio novo con xente... nova? tamén pero vellos conhecidos, ou mellor dito conhecidas...
esta vida nova empeza nos mandriles, menuda locura, có ánimo de aprender xaponés e moito máis. levo unha semán aqui e parece que levo anos, ou horas, non o sei ben. ainda non tenho casa... desespérome, pero xa empecei as clases, así dunha forma un tanto lenta, pouco a pouco vou collendolle o rollo a facultade e suponho que en breve empezaremos a empaparnos de lingua xaponesa, arte, cultura e demáis, que ganas!
e atrás queda o veran... e os xiros que deu a minha vida nos últimos dous meses, as findes na pousada das ánimas, a praia, as festas, as escapadas ... non sei, por alí queda outro mundo non menos real que este pero tan lonxano coma un sonho que se olvida ao espertar, do que só queda un pequeno nó nalgún lugar da tripa, un sonho que boto de menos as veces.
por diante vexo moitas cousas por vir, borrosas, pero con boa pinta, espero...
empezo unha vida nova unha vez máis, máis maletas, máis xente nova (e vella), máis aventuras...