terça-feira, novembro 21, 2006

livin' la vida loca

as novas ao final sempre voan, antes ou despois chagan a todas partes... a ultima nova que chegou a minha vida é un casamento. por unha parte sorprendente pola outra non tanto, máis ben predecible e nada traumático, o cal é bo. xa houbo casamentos na minha vida, ou máis ben nas vidas alleas pero suficientemente cercanas, moito máis traumáticos, moito máis sorprendentes e moito menos predecibles. deste último casamento derivan as minhas cavilacións. non é algo que realmente me preocupe, a verdade, mais eu enso que xa van sendo horas de que me entren as ganas de ter ganas de stabilizarme un pouco. eu nada de casarme pero bueno, algo de estabilidade na minha caótica vida non viria mal. porque eu sigo facendo das minhas e montándoa consciente e inconscientemente, con premeditación e con menos premeditación, picando de aqui e de ala... e a vez, si, hai que confesalo, fuxindo canto máis rápido mellor da seriedade que puidera aportarme vida...
conclusión, quixera eu querer sentar a cabesinha un pouco, pero me parece a min.......que desta trampouco vai a ser!!