quarta-feira, outubro 04, 2006

tren de filme

onte saía eu da casa caminho do tren para ir á facultade, un día normal, a non ser polo sol que por estes lares ainda quenta como nunca o vira quentar xa entrado outubro... cheguei a estación de delicias, collo o billete coma sempre e baixo para o andén. faltan dous minutos para o seguinte tren. pasan dous minutos e siguen faltando dous para o seguinte tren. pasan outros dous e ainda faltan dous minutos para o seguinte tren. algo raro pasa. pararíase o tempo? non tenho nada que facer asi que miro á xente que espera coma min. un rapaz pasea. fixome nel porque leva sandalias coma as dos hippies de santiago, eu tenho unhas parecidas. leva vaqueros, rotos por abaixo... sigo subindo, leva un xersei-camiseta negro de manga longa axustadinho, empezo a sospeitar que o rapaz está moi ben, e de feito o está. e guapo, ten uns rasgos bonitos, dunha cinta do pelo que lle cubre toda a cabeza a soman un par de rastas... xa me ten! miro para el coma quen non mira para ningures e... el me mira durante máis tempo do xusto, durante máis tempo do que lle corresponde a unha mirada casual. fantaseo un anaco mentras cruzamos un par de miradas máis, érgome e paseo tamén, e xa ven o tren. o tempo empeza a correr outra vez. podería esperar e ver en que vagón se mete e subir eu tamén, descarto esta idea case ó mesmo tempo que se formula na minha cabesinha tola. venha pasa pa diante e deixate de parvadas, penso. e subo no primeiro vagón que aparece diante minha. miro cara atrás e para a minha sorpresa o rapaz ven cara o meu vagón... ui! acelérasame o corazón un chisco. busco asento cerca da entrada, non hai, así que me sento nun de catro contra o final. diante minha hai un home e unha muller, pero non van xuntos. ó outro lado do pasillo queda un asento libre que para a minha sorpresa enseguida ocupa o rapaz. bufffff... case súo. en un par de paradas o home e muller que non van xuntos vanse. eu leo un libro de contos coreanos. tenho os pes apoidos no asento de enfrente ao meu. de súpeto o rapaz tira a súa bolsa no asento do lado de onde están os meus pés. aiii!! e se senta... AIII!! tamén lé un libro, pero non sei moi ben de que... e escoita música... tenho que rir de emoción, de nerviosismo, pero aguanto, aguanto como podo. o que non podo aguantar é botarlle miradas furtivas e pensar se el tamén o fará... que nervios! nalgún momento cambia o cd, así que non ten i-pod nin mp3 nin nada, é dos meus! escoita música septiembre, suponho que será unha selección... e así todo o caminho, que non é pouco. non o podo nin creer.

chegamos e baixamos do tren, parece que imos xuntos pero non cruzamos palabra. saimos da estación e... os nosos caminhos se separan... unha bonita historia de amor sen palabras que remata. adicolle unha última mirada, e el tamén está a mirar para min! buf buf buf, é moito, con isto non podo. pasa pa clase e deixate de lerias! foi bonito mentres durou, a ver se o próximo dia volvo a coincidir con el na estación... xa sería moita coincidencia atopalo de volta....

[reunión informativa, ou máis ben desinformativa, con clase despois que se suspende porque a profe está enferma, así que vota para casa, desta vez cá xente de clase, imos para o tren]

unha vez máis na parada do tren, falamos de cousas triviais, ao fin e o cabo fai dous dias que nos coñecemos. onde estará o rapaz de pola manhá? bah, xa sería moito que aparecera agora... e misteriosamente, alí aparce el, baixando polas escaleiras que van a dar ao andén, pasa polo meu lado e creo que non me ve, sigue de largo... e eu medio aparvada non deixo de miralo, xa case está ao final do andén... pero acaba por verme! que vou facer, estou con xente non é plan de ir cara el, non é plan de nada, que podo facer? nada... chega o tren. tenho que subir con estes e el está tan lonxe que non tería sentido nin eu ir cara ali nin el vir cara onde estou eu... sin embargo el ven cara min! sube no mesmo vagón unha vez máis! non o podo creer! sentámonos xuntos ao final do vagón... a historia se repite... unha vez máis o rapaz séntase ao noso carón... non podo creelo! estou tan flipada que non presto atención a conversa dos meus novos companheiros. pero todo ten un fin, e isto non ia ser distinto... tenho que baixar en recoletos, para cambiar e ir ata delicias que queda máis cerca do cole da princess que lle tenho que pedir as chaves do pazo... seguro que se baixa en atocha, merda, eu tamén podería facelo de non ter que ir coller as chaves... merda... volverei a velo?
unha manhá de película

3 Comments:

Blogger Duke said...

Bueno, mas o menos creo que he pillado la historia, estas fosilizada o que te pasa?La Miyuki que conoci en York no era de las que se quedaban calladas.., tu historieta entre vagones me recordaba a la pelicula "Dos vidas en un instante" con el "Y....si".
Para otra vez no solo utilices la mirada.
Un beso

5/10/06 12:23  
Blogger miyuki chan said...

asi me gusta que te esfuerces, cariño! ;)

5/10/06 13:17  
Blogger Duke said...

Si fui capaz de arreglar tu laptop en una silla en el Borders..el Gallego esta chupado!
;)

6/10/06 00:24  

Postar um comentário

<< Home