domingo, março 19, 2006

ennis

ei, que finde máis xenial pasamos! os habitantes de ennis, vila pequerrecha pequerrecha, recordarán cando un variopinto grupo de turistas formados por tres galegas, unha catalana, un madrilño, unha mancuniana e un xaponés chegaron para celebrar o san patrick's tanto coma se fose o noso propio día da patria. probablemente e ainda que parece mantira eramos os únicos españois da vila (un lugareño comentoume que eu era a primeira persoa española coa que falaba...), tamén probablemente a única mancuniana, e xa do xaponés non fago comentarios, exótico coma el solo!
unha viaxe chea de aventuras, incluso coa aparición de cabaleiros medievais...
e que bonita é éire! xa non me lembraba do moito que se parece a nosa terriña querida, verde verde...
una pena non poder visitar os cliffs de moher ao final porque teñen que ser algo impresionante, teremos que volver para velos. é que dous dias non dan para moito se a maoir parte do tempo te dedicas a catar a guiness nos diferentes pubs...
pois eso que un finde xenial xenial e que o que necesito agora e descansar para cargar pilas que mañá hai que volver ao curro coma cada luns...