terça-feira, janeiro 23, 2007

divagacións

as veces non podo deixar de preguntarme se eu son real ou se só son unha persaxe que cobrou vida na cachola dalgún ou algunha escritora con demasiada imaxinación, tanta coma para darme un pasado e un presente e posiblemente un futuro, tanta imaxinación que non cabendo nela dun chimpo saltei a este mundo exterior... ou é que sigo nesa cachola? hoxe soñei que viaxaba ao futuro, non moi distante, pero futuro, no que eu e máis a prinses (facía moito que non tinha sonhos onde apareceran conhecidos) tentabamos averiguar por que de súpeto había tres lúas no ceo, case non se vian pero habia tres e entón non sei como atopabamonos con dous vellos conhecidos... que nos preguntaban que que tal nos ia e tinhamos que inventar un futuro para as nosas vidas... cousas que pasan, xa ves. tamén había un tío que aparecía pola rúa e estaba todo bueno, pero a min non me facía nin caso. espertei media hora máis tarde do previsto e con moi poucas ganas de estudar aaarrgggggg!
nesta cidade gústame imaxinarme, cando viaxo polos canais tipo gruller que a atravesan de cabo a rabo milleiros de veces, queda, mentras o que en realidade se move son as rúas e os edificios e as persoas e os animais e árbores e todo o que está por riba da minha cabeza, ffffuuuunnnnnnnn!! pero eu toda queda, a xente non sei como non se acaba mareando ali enriba!