terça-feira, julho 18, 2006

a praia na media noite deserta

noite estrelada, lúa menguante, pero, dende onde estamos nós, non se ve. a calor segue a ser case insoportabe, e sinto o corpo pegañento... non nos calamos nin a de tres, levamos todo o dia falando... levamos dúas semans falando, para ser esactos... sen parar. eu sei que o que máis me apetece e bicarte, abrazarte e sentir a calor do teu corpo xunto ao meu... pero estou cómoda falando falando e falando sen parar...
a tranquilidade da noite interrompida por un incendio ao lonxe, ali ben lonxe de nós, alguén está a loitar contra o lume devastador, que pena o lume, que pena o bosque... pero nós estamos na praia deserta rodeados da escuridade e de luces artificiais que seguen o contorno da costa, solo sinto a tranquilidade do momento.
fora do tempo liñal.
e o momento chega no que deitados na area, xuntos, un ao lado do outro, achégaste e... bicasme! suave e doce... e os corpos xuntos abrazados acariciados... templados...

(xa non penso neses ollos azuis que me envenenaban cruel e docemente por dentro)
sempre me gustaron máis os ollos escuros e a pel morena

quarta-feira, julho 12, 2006

a lúa

a lua está preciosa hoxe, ainda que xa estivo máis bonita onte e antonte... igualmente fíxome pensar en ti, no moito que me gustaría compartir ese momento contigo... hoxe pensei que se houbera duas luas serian tan bonitinhas coma os teus ollos e perderiame nelas... menos mal que so hai unha.
galeano inspirame, non podo pensar tenho dous ollos azuis atravesados no máis fondo de min... dirilles que se foran... non podo, tenho dous ollos transparentes atravesados na gorxa...

na máis pido que un deles me deixe tranquila e me libere a mente por uns momentos...

teus ollos ollanme a alma

domingo, julho 02, 2006

beijos de mango

perderíame para sempre neses ollos azuis transparentes... virándose verdes... ou tal vez marróns...
o certo é que me viran tola...
a transparencia da túa mirada, o sorriso perfecto, despreocupados brazos longos e osudos nos que descansar, beizos suaves, perfectos e saborosos
oxalá nos namoremos para sempre ti de min e eu de ti...