terça-feira, fevereiro 21, 2006

dous anos, un mes e tres semans... liberdade!

parece unha condena... máis ou menos o é, ou, mellor dito foi... ou algo parecido... pero os ferros opresores desapareceron... cairon un por un.
sorrio unha vez máis. coma sempre pero moito mellor.

sexta-feira, fevereiro 17, 2006

breve visita á terriña

mañá comezo a viaxe cara a terriña querida. primero unha paradiña en London onde farei algunha que outra falcatruada, diso estou segura, coa Prinses. e o día do señor (ou da señora) da capital británica á capital galega, e da capital galega para casiña (teño ganas de durmir na miña camiña, que coma na cama dun en ningures... ).
coido que será unha semana bastante axetreada, demasiadas cousas que arranxar e desarranxar, máis de unha maldade que facer, disfrutar un pouco do pasado no presente (cóntame máis das úas mentiras) ... pode que Electrika salve ao mundo un pouquichiño se é necesario e o LK que non falte nunca...
e logo de volta as illas...
e logo, xa se verá.

terça-feira, fevereiro 14, 2006

cascabel

nesta cidade na que inda hai tantas caras descoñecidas, unha cara coñecida e sen identificar asoma da outra beira da rúa, cando nos cruzamos... he says:
- do you have a bell at the back of your hair?
- (surprise, how in hell does he know this, now, i have to know him)
- nah, of cours you not!
- (surprise) oh, yes, actually I have but...
{ase! era colega teu!}
este problema que teño eu coas caras... faime sentir fatal as veces...

segunda-feira, fevereiro 13, 2006

(suspiros)

veu dende moi lonxe para decir algo que se perdera no camiño, el sabe que non lle creo nada... nada nada. minte tan ben... mentiras lonxanas. sempre desexadas. atemporais. sempre desexadas.



¿qué te pasa?
nada, recordaba el futuro


domingo, fevereiro 12, 2006

ID

sabedes como saudan os bouncers neste país? a verdade é que teñen unha maneira bastante extraña de facelo... chegas á porta coas risas típicas da noite e do puntillo e tal. e xusto cando vas saudar ao porteiro, da forma máis tradicional e máis pouco orixinal que se te poda vir a cabeza, ou sexa, something like... hi there! pois cal é a miña sorpresa, o gorilota adiántase dicindo... can I see some ID? e así todos ou case todos. debe ser costume do gremio. tamén é sorprendente unha cousiña que notei, que é que cando lles ensino o ID e despois de darlle mil voltas como buscando algo, miran para min, miran para o algo que bucaban e atoparon, levantan as cellas amosando incredulidade e devóvemno... despois hai algún que debe ser novo na profesión ou de outra escola e ao chegar a porta so din hello! neste país pasan unhas cousas ben raras....
ah! bueno, tamén están os camareiros que algunha vez pertenceron a esa extraña profesión e que xusto depois de pedirlles a pint of lager disparan o do ID, en fin, costumes e tradicios que forman parte do folklore da illa británica.

sábado, fevereiro 11, 2006

venres tranquilo

unhas cervexas para amosar a cidade a un novo habitante non estan mal. as fases da noite pódense explicar cos momentos nos que me atopei cos meus students, tres students tres niveles de alcoholismo. a primeira moi tranquila, ainda no bus de camiño ao centro, un tímido hi! was enough. a segunda despois de duas pintas inglesas e duas birras lusas e media irlandesa, nada de tímidos hi, non, desta vez berros de ledicia, ollos brillantes, abrazos, preguntas borrosas... o típico comportamento do que se a rapaza se lembra ao dia seguinte, cousa que dubido, ten motivo para botar as mans a cabeza e non aparcer durante uns dias pola clase... (teño que dicir que estas duas son da evening class, asi que xa non son adolescentes...) e por último o pequeno Liam, de volta xa no bus e tranquilo pero un saudo bastante máis efusivo do normal. e eu comportandome. ben. xa son maior. (aarrrrrggggggg)

terça-feira, fevereiro 07, 2006

hello, i love you, i want you to tell me your name

oín un ruido, xireime, e velaí estaba, detrás miña. regaloume un sorriso rasgado e casual, diría que llo devolvín pero a verdade é que xa o tiña, simplemente acentueino ao velo.
desapareceu polas escaleiras abaixo.

segunda-feira, fevereiro 06, 2006

penso

antes, fai un anaco cando viña de currar, na bici, morta de fame, tentando deixar de pensar na fame e concentrarme na calzada e nos coches tolos que me adiantaban cunha separacion de 10 centímetros... sempre o penso, estes estan tolos, conducen polo outro lado, pásanme tan preto que un día destes asústanme, perdo o equilibrio e ala vou... e eu só podia pensar no té que me ia tomar con unha muffin (ou duas) con anaquiños de chocolate... mmmmm chocolate... e logo empezou a cheirar fatal, pero fatal fatal, un pouco antes de chegar a miña casa, cheiraba como a merda, en serio, pero uns metros máis adiante deixou de cheirar mal e, bueno, simplemente deixou de cheirar e xa non hulia a nada máis que a aire... chegei a casa, fixen o te, collín as muffins e puxen unha peli que me encanta, sei o que vai pasar dende o principio, gustaríame poder cambialo, porque ao final teño que deixar escapar unhas bágoas rodando pola meixela abaixo...
gústame chegar a casa despois de currar e poder sentir a tranquilidade ao meu redor, case a podo tocar.

domingo, fevereiro 05, 2006

comezamos?

foi máis dificil do que parecía... pero aqui estou, non é un comezo dos de comezar de cero, nin dos de retomar a cousa onde estaba porque non habia tal cousa, simplemente é un comezo, despois dun final (in)acabado, (in)interrompido. aqui estou. ainda espida.