quinta-feira, junho 22, 2006

e por fin a praia!

e despois de tanto tempo xa podo disfrutar do sol e da calor (moderada) desta terrinha que me veu nacer... once more caminhar pola praia faise raro, sinto as cóxegas nos pes sensibles despois de todo o inverno aprisionados nas botas de inverno... e que sensación a do salitre pegado na minha pel despois duns banhos no mar... ahhh o verán! e isto é so o comezo...

segunda-feira, junho 12, 2006

rematou o exilio

de momento! parei nos mandriles uns dias para visitar a princess e coa intenció de ver a algunha xente que fai moito moito tempo que non vexo, pero quedeime coa intención e o intento xa que ao final nada, non nos arreglamos para quedar... unha pena. ainda que estou case segura de que haberá moitas máis posiblidades xa que tenho en mente ir buscar fortuna ali dentro de ben pouco... e volverme un pouquinho máis japonesita!
e bueno, a entrada no territorio nacional foi triunfal! o primeiro que se nota ao chegar e unha bofetada de calor, así plas!! en toda a cara (e iso que xa ían sendo horas de refrescar cando cheguei!) e un bochorno que nin de noite te deixa respirar... e asi medio afogada como peixinho fora da auga entrei nesta terra mandrileña.
para celebrar a minha chegada e todo ese tempo que facia que non via a princess e que durante unha noite a gitana reuniuse con nos para facer das nosas (...... y luego!?) saimos nunha noite de treboada inmensa, e é que claro tanta calor o ceo reventou!, ao encontro frustrado de kiko veneno y los delincuetes. o desencontro levounos a outro encontro..... e é que si, aínda sego a ter ese imán para atraer, ou mellor dito para atoparme con quen menos o espero onde manos o espero... bueno, confeso que eu, ao saber deste don meu tampouco me extrañou demasiado... encontrame co rei das persoaxes... tachán tachán: o meu querido tullido mental! un pouco violento ao principio pero tan amigos despois (por certo está gordo!!)
e logo duns dias metida no forno, por fin cheguei a terrinha querida que me veu nacer, que coma na terrinha en ningures! ainda non me deu tempo a facer ningunha falcatruada das minhas pero xa chegarán xa!
quedades todos avisados!!!

segunda-feira, junho 05, 2006

packing my life


unha vez máis atópome facendo a maleta... para volver a casa, para volver a terrinha que espera pacientemente a que todos os que emigramos dunha forma ou de outra, voltemos a casa, porque na casa como en ningures....
facer maletas ponme triste, un nó nalgunha parte das entranhas aprétame e sei que chegou a hora, a hora de decir adeus... prefiro un deicalogo.... claro que despois nunca se sabe cando nos volveremos a ver, mais nos volveremos a ver en algún lugar del tiempo. asi que aqui sigo eu metendo ese vestido que me gusta tanto pero que non sei porque este ano nunca me puxen... e o vestido de verán que merquei en decembro por catro pesos... e que tampouco ainda me puxen... millóns de camisetas, que ainda que si me puxen non é que as lucira moito con isto de levar catro xerseis para non pasar frio... e demais... e o que non colle na maleta colle na caixa... e o que non colle nin na maleta nin na caixa.... ou vai para o lixo ou o levo no coazón....
e non choro, ainda, pero case sinto unha bágoa fantasma baixando de bagar pola meixela...

domingo, junho 04, 2006

once upon a time, i loved you

i'm just tired... and sick... sick of you!! and don't you ever piss me off, i'm running out of places to hide the bodies....