sábado, maio 27, 2006

hoy me despido de tu ausencia...

avisei... pedín perdón por adiantado pero hoxe non puidén máis coa túa ausente presencia e delicadamente separeite da minha vida... (e gardeite nun sobre acolchado... no mesmo no que me chegara ese pequeno anaquinho de ti) para sempre... ainda que é ovbio que fai moito tempo un predecible violento xiro no caminho xa tomara cartas no asunto... agora só vivirás na minha memoria ata que se desvaneza ou distorsione, porque o realmente complicado é recordar, facer o esforzo de non olvidar...
...deixamos de estar abrazados hai moito tempo...

sexta-feira, maio 26, 2006

hoxe, catro dias despois

hoxe foi o meu último utimisimo día no college como assistant e, probablemente, como calquera outra cousa. xa está, suddenly everything is over... pero se parece que ainda foi antonte cando cheguei a maldita casa da landlady from hell, ainda as veces penso en levar uns ovos podres para lanzarllos, pero mira que se pura na sua racaneria e gilipollez crónica... mellor olvidar. e ainda case nin estou afeita a cidade, ou demasiado afeita a que as cousas sexan máis ben aburridas por aqui... ainda que podo contar cos dedos dunha man as findes que me aburrin, e sei que son inumerables as que o asei xenial aqui, en london, manchester, sheffield, london e manchester outra vez, incluso ireland, e unha semana enteira en berlin, máis as duas veces que fun de vacaciós a casa... parece mentira todo o que fixen nestes oito meses e todo o que queda por facer... but now, it's over, this is the end (but, came on baby, light my fire!!) pero estou a desviarme do tema. hoxe, rematei a miña misión imposible de ensinar a lingua castelá a unha panda de rapaces... rapaces que ao longo de todo este tempo fixéronme rir, querer matalos, desesperarme e rir máis... botareinos de menos... aprendéronme moitas cousas e me levo un moi moi moi bo recordo de todos e de todas. e marcho con un sorriso... suddenly is over... e ainda parece que quedou tanto por dicir... e que volto a vista atrás é fai dous dias que estabamos coas presentaciós e conhecéndono e asi, e nada, antes de darnos conta xa estabamos a preparar o exame oral o final e xa está xa non precisan nada máis de min... foi fai nadinha cando andaba medio desorientada por aqueles corredores labirínticos tan familiares agora... e ben, sobrevivín sen ter que comer moitas hamburgers asquerosas, que con chips and drink were only 2 quid... arrggg mais ao final i managed and i didn't eat them at all (ish)... en fin que o tempo voa, time flies like an arrow...

hope to see you soon guys!!

segunda-feira, maio 22, 2006

hoxe

dias coma o de hoxe fanme querer voltar pra minha terrinha XA! hoxe é un dia de merda, a pesares de estar en maio, case a finais, e de que durante as semanas pasadas, fixo un tempo case de verán (polo menos para estas latitudes), hoxe vai choiva, unha choiva propia de dias invernais, vai vento, un vento xélido deste que se te mete nos ouvidos e doe, pincha, xéase o tímpano... un día que ten bastante máis de inverno que desta suposta primaveira...
hoxe o mal tempo de fora metéuseme no corpo e ainda que as cousas non sairon nin ben nin mal, nin mellor nin peor que calquera outro día, hoxe estou de malas, teño un humor se perros porque vai un día de perros...
mais hoxe tamen fago unha recapitulación da pasada sexta e esbozo un sorriso... na sexta fun cear cós alumnos, a minha primeira cea como profe... e creo que podo decir que lles gusto e que o pasaron ben ao longo destes oito meses (as veces interminables as veces fugaces), que algo aprenderian digo eu, pois eu aprendín moito deles... pena que non creo que soportara un inverno máis nesta mierda de ciudad, porque creo que non me importaria quedar un ano máis con eles, e con elas. agora que xa nos conocemos, agora que xa nos entendemos, agora que empezaba a sentirme un pouco na casa... pero eu marcho. e hoxe foi a primeira das ultimas clases...
e marcho coa cabeza igual de revolta e confundida que cando cheguei. tentei encontrar unha vocación que solo medio atopei, pero nunca olvidarei nada do que aqui pasou. mais esto é outra historia e será contada noutro momento
asi que hoxe é hoxe e mañá será outro día e non deixarei que o mal tempo se me meta no corpo para non deixar de sorrir!!!
:)

quarta-feira, maio 17, 2006

as letras galegas

chegou, pasou e sobrevivin

pois si, sobrevivin ao cuarto de seculo, sen problemas, e aqui estou.. a verdade, algo decepcionada, como cada ano, por eso de que en verda non se nota ningun cambio, nin fisico nin mental nin moral nin nada... digo moral porque ao mellor de pronto pois dabaseme por asentar a cabesinha pero vai ser que non. non, ainda non me entra o xuizo, e asi por moitos anos!! fisicamente, pois o mesmo, non sei se me sairon canas ou non porque tintei o pelo o outro dia, asi que se sairon non se ven.... :) mental... a tipica perda de memoria que me ven a companhando dende fai un tempo, eso si perda selectiva, ou memoria selectiva... (ainda sei como de forma o arco da vella) que isto da memoria, mais ben que polos anos que pasan, coido que ten mais que ver coa cantidade de alcohol inxerida ao largo da vida e os fachusos esfumados e fumados...
e asi a idade de 25 anos e 5 dias sigo caminhando pola vida, paseninho eso si, pero sen pausa...

quarta-feira, maio 10, 2006

achégase

e é inminente... o meu primeiro cuarto de século está aí, a un paso, na volta da esquina... scary...

segunda-feira, maio 08, 2006

o bicho do coco

entrou minha casa... ahhhhh hai un bicho feo no meu cuarto... arggg que feo é!! e deses que seguro que cando os pisas fan cracrsrss que noxo! e o peor de todo e que fai ruidiños noxentos cas patitas, tentei aspiralo pero o cabrón escondeuse e agora non sei onde está... solo espero que non teña moza e me encha o cuarto de bichejos. pode alguén vir por aqui e botalo fora por min, a min dame medo ainda que sei que probablemente o bicho teña máis medo de min que eu del, eu son máis grande e podo aspiralo ou pisalo ou ou ou... pero non vou facer... ou pode que non me teña medo e que simplemente lle dea igual porque se me tivera medo xa teria marchado... vaite bicho!

quarta-feira, maio 03, 2006

ay que gustito pa mis orejas

lembrades? cando eramos 7... cando eramos os 7, facendo falcatruadas de punta a punta do pais, que nin aos mortos deixbamos descansar en paz (joaquin, ala onde esté que por favor perdoe as nosas animaladas, e que o marcapasos lle vaia ben! por suposto, e longa vida a herminia!), que tempos aqueles...
é que me entra a morriña, de casualidade soa este tema no meu ordenata e non puiden evitar adicarvos uns pensamentos e un gran sorriso... inevitablemente penso que cando será a próxima vez que esteamos todos xuntos facendo das nosas, compartindo momentos porro ou momento bacallao, ou momento churrasmico...
bótasevos de menos, ainda que sei que estades aí!

segunda-feira, maio 01, 2006

dous domingos seguidos

onde é que quedou a primeira?
como nunha gaiola dando voltas, tentando esquecer, tentando lembrar, tentando decidir e imaxinar... listening to some music... my music and your music and someone else's music...
recuperei a chave do meu corazón, non a busques que non quero que a atopes... mais... se ma pides, pode que cha dea, pero mellor non o fagas.
i feel like the runaway girl
sempre desaparecendo do mapa, mais deixando pegada, queda de todo menos tempo, tempo é o único que sobra, é o único que falta...
perdoame se un dia decido que temos que deixar de estar abrazados, foi este abrazo final o comezo do noso fin... se é que algunha vez houbo un principio.
as veces desexaría botarte de menos pero non o fago, so o desexo...
como nunha gaiola dando voltas e máis voltas e máis voltas e máis voltas ata sentirme tan mareada que caio nun futuro pasado ainda por vir.
moi qui aimais tellement ton sourire
j'espère ne plus jamais faire souffrir quelqu'un comme je t'ai fait souffrir...