sabedes como saudan os bouncers
neste país? a verdade é que teñen unha maneira bastante extraña de facelo... chegas á porta coas risas típicas da noite e do puntillo e tal. e xusto cando vas saudar ao porteiro, da forma máis tradicional e máis pouco orixinal que se te poda vir a cabeza, ou sexa, something like...
hi there! pois cal é a miña sorpresa, o gorilota adiántase dicindo...
can I see some ID? e así todos ou case todos. debe ser costume do gremio. tamén é sorprendente unha cousiña que notei, que é que cando lles ensino o ID e despois de darlle mil voltas como buscando
algo, miran para min, miran para o algo que bucaban e atoparon, levantan as cellas amosando incredulidade e devóvemno... despois hai algún que debe ser novo na profesión ou de outra escola e ao chegar a porta so din
hello! neste país pasan unhas cousas ben raras....
ah! bueno, tamén están os camareiros que algunha vez pertenceron a esa extraña profesión e que xusto depois de pedirlles a pint of lager disparan o do ID, en fin, costumes e tradicios que forman parte do folklore da illa británica.